martes, 5 de outubro de 2010

VIAXE-PEREGRINACIÓN UNIDAD PASTORAL DE MUROS, SERRES E SESTAIO





O luns pasado, vinte de setembro, sesenta e dous feligreses de Muros, Serres e Sestaio saíron moi de madrugada dirección a Zaragoza. Comezaba esta viaxe- peregrinación que este ano mezclaba relixión, cultura, historia, ocio e, ó mesmo tempo, o que conleva a convivencia dun mesmo grupo que durante sete días o comparte todo.
A Catedral de Burgos, a Basílica do Pilar e o Foro de Caesaraugusta en Zaragoza, o Santuario de Montserrat, Montjuic, a Basílica da Sagrada Familia, o Parque Güell, o Barrio Gótico e Catedral de Barcelona, as Ramblas, o Nou Camp, Calafell, o Mesón da Dolores en Calatayud, Ávila e Santa Teresa, Segovia e o Escorial forman o conxunto dos lugares que visitamos de maneira especial. Celebramos a Eucaristía en Montserrat e na Igrexa de Nosa Señora da Gracia do Escorial, e algúns dos peregrinos tamén participaron da celebración litúrxica na Basílica do Pilar.
En Barcelona, Ávila, Segovia e o Escorial dúas guías fixeron que gustásemos os lugares percorridos, acercándonos a persoas como Antonio Gaudí e Teresa de Ávila. Ó primeiro pola súa innovación na arquitectura, cun estilo persoal basado na observación da natureza, sendo o máximo representante do modernismo catalán; e a segunda, pola súa vida, a súa conversión, entrega e reforma carmelitana.
Estas viaxes, que se están a converter nunha das actividades anuales da Unidade Pastoral, gardan unha riqueza extraordinaria si se teñen en conta as vivencias persoais e colectivas ó longo destos sete días. Formamos parte dunha Unidade Pastoral pero moitas veces só nos coñecemos “de oídas” ou dun saúdo máis ou menos frío; coñecemos ao párroco pero nunca mantemos unha conversa porque “sempre anda apurado” ou non temos necesidade de falarlle a non ser para pedirlle que nos anote a intención dunha misa; vivimos nas nosas casas, coas nosas familias, cos nosos problemas e alegrías sin saber que o poder compartila propia vida cos demáis abre novos horizontes e axuda a crear entre todos unha verdadeira familia, a que os cristiáns damos en chamar Igrexa. Sí, é certo que non fai falta ir tan lexos para esto, pero non cabe dúbida de que éstas viaxes axudan a que a unidade medre e a que por medio da oración común, das celebracións, do compartir e de moitos outros detalles, todos nos sintamos máis cercanos, máis familia, máis Igrexa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario