mércores, 29 de decembro de 2010

II EDICIÓN DO FESTIVAL DA FAMILIA


Representacións de Nadal, bailes de cancións actuais, obras teatrais cheas de humor, chistes, sorteos, panxoliñas,... Nen@s da catequese, xóvenes, pais, fillos, abuelos, netos,... formaban un nutrido grupo de máis de trescentas persoas que encheron ata os topes o salón de actos da Casa da Cultura de Muros representando formidablemente a toda a Unidade Pastoral. Trátase dunha xornada que comeza ca celebración da Festa da Sagrada Familia nas celebracións da Misa de 11.30 e 12.30 en Serres e Muros, respectivamente. E, pola tarde, disfrutamos dun ambiente familiar singular froito do esforzo de nenos e nenas da catequese, de catequistas e doutras persoas que arrancan, tras cada actuación, o aplauso, a risa e, con toda a seguridade, a ledicia de formar parte da familia da igrexa que se xunta para rezar, celebrar e festexar un día tan importante no calendario eclesial.










1 comentario:

  1. O Festival da Familia foi todo un éxito. Esperamos que se potencie en anos vindeiros. Moito ánimo a todos. Colaborando todos, é máis fácil traballar. Saúdos.

    ResponderEliminar