luns, 28 de febreiro de 2011

CRÓNICA DUNHA PEREGRINACIÓN










O sábado 26 de febreiro foi unha xornada de peregrinación e convivencia para todos aqueles membros da U.P. que se achegaron ata o santuario de San Andrés de Teixido. Dous autobuses saían de Muros e Serres ás 8 da mañá para realizar unha primeira parada en Pontedeume. Chegamos a San Andrés arredor das doce do día e, ás 12:15 asistimos á celebración da Eucaristía -presidida polo noso párroco, don Alfonso-, que rematou dando a bicar unha pequena imaxe do titular do santuario. A continuación, houbo un tempo para percorrer os arredores do templo e visitar a fonte ou contemplar a fermosa paisaxe, adquirir recordos, etc. Dirixímonos, logo, cara Cedeira, lugar onde tivemos o xantar. Na xornada da tarde asistimos a unha visita pola cidade de Ferrol na que contamos con don Xosé Francisco, párroco das Dores, como guía. Gracias a él aprendemos algo da historia da cidade ó longo do percorrido. Emprendiamos a volta á casa a iso das sete da tarde.
Non cabe dúbida de que a viaxe supuxo unha experiencia positiva en tanto que rezamos xuntos, compartimos e pasamos bos momentos. Ogallá esta viaxe sirva para crear vínculos de unión e amizade entre todos os que, como peregrinos, nos diriximos a San Andrés, apóstolo de Cristo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario