luns, 7 de marzo de 2011

PROXECTO SOLIDARIO CON HAITÍ A TRAVÉS DE MANOS UNIDAS


Certo é que son moitas as colectas que se realizan ó longo do ano. Pero tamén é certo que non podemos pechar os ollos ante a situación vivida en Haití. Se recordamos, o pasado ano, en Muros, a xente volcouse cun país que estaba avocado á miseria. Contemplar a nenos orfos e a pais que se quedan sen nenos non é algo que nos poida deixar impasibles. Neste momento Haití non está moito mellor e as promesas de organismos públicos non están sendo a solución e, en ocasións, ate perxudican a situación. Desde a Igrexa, temos a sorte de contar con distintas organización, ONG, que están creando novas estructuras e consolidando un futuro máis optimista.
Con motivo da campaña da fame de Manos Unidas, a U.P. de Muros, Serres e Sestaio fixo un chamamento para iniciar un proxecto dos que esta asociación está a levar a cabo en Haití. Realizouse unha recadación de máis de 5000 € por distintas vías: colecta nas Igrexas, donativos particulares, e unha cea solidaria. Aquí visualizouse un vídeo do coordinador de Manos Unidas en Haití que nos relatou de forma moi concreta a situación actual. A continuación outra proxección serviu para seguir e facernos eco do manifesto no que Manos Unidas denuncia que cada hora morren máis de mil nenos menores de 5 anos por causas que se poderían evitar fácilmente. Declara que a Igrexa persevera na defensa dos máis débiles e que se compromete a seguir traballando por un desenrolo humano integral e solidario.
Asistiron á cea, organizada polos catequistas da Unidade Pastoral, en torno a 170 persoas e colaboraron de xeito anónimo outra gran cantidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario