sábado, 6 de agosto de 2011

PEREGRINACIÓN A SANTIAGO

PEREGRINACIÓN FISTERRA-SANTIAGO
No ano pasado 2010, con motivo do Ano Santo Compostelano, peregrinamos unha vez desde Muros e outra desde Ourense ata a tumba do Apóstolo Santiago. Este ano 2011 celébrase o 800 aniversario da Consagración da Catedral de Santiago de Compostela, excusa suficiente para peregrinar de novo, esta vez tomando como punto de partida Fisterra e sendo un total de 21 peregrinos de Muros e Serres. A experiencia do Camiño de Santiago contén unha inmensa riqueza no ámbito da fe, da fraternidade, da relación cos demáis, da solidaridade... É entrar nun mundo de experiencias imborrables, "unha ruta máxica que une ás persoas,..., unha aventura para vivila paso a paso" (como di a publicidade do Xacobeo 2010). 
O día 1 de agosto, despois da oración da mañá, saímos desde fisterra para facelo primeiro tramo ata Cée, onde pola tarde celebramos a Eucaristía na parroquia da Xunqueira. O día seguinte foi bastante máis duro polas costas que o Camiño ten de Cée a Hospital-Dumbría. A terceira constitueu a etapa máis longa, case 35 km., moitos deles sobre asfalto. Partimos de Olveiroa ás seis da mañá para chegar a Negreira ás dúas da tarde. E xa a última levounos de Negreira a Santiago, un tramo no que varias persoas aproveitaron para celebrar o sacramento da penitencia e así prepararnos para a celebración da Eucaristía na Catedral. A cidade do Apóstolo estaba chea de peregrinos o que  supuxo que na Misa de 12 se formasen grandes colas e non puidéramos entrar ata as 13.15h. Na capela do Pilar da catedral, á beira da tumba do apóstolo, celebramos a Eucaristía, compartimos experiencias e démoslle gracias a Deus por estos catro días que supoñen con toda seguridade un referente no camiño da vida.














Ningún comentario:

Publicar un comentario