martes, 6 de setembro de 2011

A VIRXE DAS NEVES PON O PUNTO E FINAL DAS FESTAS DE VERÁN





O pasado día 4, despois da novena, celebramos a festa das Neves. Este día acompañounos o bo tempo, necesario para que a celebración teña o carácter que a caracteriza todos os anos. Culminan, así, as festas de verán cunha celebración mariana. Non cabe dúbida da devoción que a xente de Muros ten á Virxe e ó falarmos das Neves hai destacar o goteo diario que recibe os 365 días do ano. O rezo do rosario, acender unha candea ou poñer ós pés da Virxe os problemas de cada día fan desta capela un lugar entrañable convoca multitude de persoas ó longo da novena e o día da festa, o primeiro Domingo de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario