luns, 17 de outubro de 2011

Festa das Dores en Serres

Dios te salve, María, llena eres de dolores; Jesús crucificado está contigo; digna eres de llorada y compadecida entre todas las mujeres, y digno es de ser llorado y compadecido Jesús, fruto bendito de tu vientre.
Santa María, Madre del Crucificado, da lágrimas a nosotros crucificadores de tu Hijo, ahora y en la hora de nuestra muerte. Amén.


O calendario litúrxico sitúa a festa dos Dolores o 15 de setembro. Na parroquia de Serres celébrase, desde hai moitos anos, o terceiro domingo de outubro pola dificultade de facelo en setembro pois cadraba de cheo coa colleita do gran e outras actividades agrícolas.
O certo é que se as festas na honra da Virxe María son destacadas na vida de cada parroquia, esta advocación das Dores ten un “aquel” especial que a convirte na máis concurrida e participada. En Serres, este ano, comezouse coa novena na que cada día se pideu por unha realidade sufrinte e real. Un dos días adicouse ás persoas maiores e enfermas, que por estas circunstancias non poden achegarse á Igrexa para celebrar a misa dominical. Celebramos este día o Sacramento da Unción de Enfermos de sete membros da nosa comunidade parroquial. Estou seguro que ademáis de ser un momento emotivo foi unha ocasión especial na que o Señor nos encheu de gracia neste sacramento de curación.
O sufrimento da Virxe non deixa de ser causado polo pecado do home, é dicir, do noso desamor, falta de caridade, da carraxe, da crítica, da calumnia, e de todo o que  nos afasta do amor de Deus e dos irmáns. Por iso, nos dous derradeiros días antes da festa, venres e sábado, tivemos dúas celebracións penitenciais, para nenos e xóvenes un día, e para adultos o outro, co fin de prepararnos para a celebración do domingo.
Chegou o día e, como de costume, despois da misa do mediodía quedou o Santísimo exposto ata a celebración solemne da tarde. Foron moitas as persoas que, por turnos, acompañaron ó Señor. Rematada a misa, tivo lugar a procesión na que os fies, con velas encendidas, acompañaron a imaxe da Virxe durante o rezo dos sete dolores.







Ningún comentario:

Publicar un comentario