martes, 10 de abril de 2012

VIGILIA PASCUAL Y PROCESIÓN DE LA PALOMITA

Xa estamos preto do II Domingo de Pascua e ainda non tivemos ocasión de facer referencia ós misterios da Pasión, Morte e Resurrección do Señor que vivimos nesta Semana Santa. Sobra dicir que son días moi sinalados para calquera cristiá, que non hai gloria sin pasión e que a pasión só ten sentido se culmina na Resurrección.
Cada parroquia ou comunidade vaise preparando desde os comezos da Coresma. Nela deixámonos mirar por Cristo crucificado. Pero especialmente nos días da Semana Santa fixámonos con mais detenemento e intensidade no corpo ferido, duramente ferido, do Noso Señor Xesucristo.
A  liturxia da Semana Santa é dunha riqueza extraordinaria, sexa cal sexa a parroquia ou comunidade onde se celebre, con ritos, xestos e lecturas non habituais  que esixen unha intensa e adecuada preparación de cada unha das celebracións: lavatorio de pés, traslado do Santísimo ó monumento, postración, relato da paixón, adoración da cruz, oración universal, bendición do lume, cirio pascual, canto do pregón pascual, bendición da auga bautismal, cantos...
Hai que recoñecer a labor de catequistas, nenos, xóvenes e outras persoas que participaron na liturxia de cada un dos días da Semana Santa tanto en Serres coma en Muros. O seu esforzo e adicación foron determinantes á hora da preparación e da propia celebración.
No caso da parroquia de Muros de San Pedro a Semana Santa goza dunha riqueza especialmente extraordinaria si contamos coas procesións e sermóns. Creo que non me equivoco si afirmo que nesta liña é a Semana Santa máis “completa” da bisbarra en canto a que as procesións e sermóns forman un todo coas celebracións litúrxicas, son un claro reflexo dos textos bíblicos e gozan dunha enorme pedagoxía catequética. Que significa esto para nós? . Estos datos sinalan que a Semana Santa de Muros ten moitos anos de historia, coas súas procesións e sermóns, e que supón unha herdanza que gracias a moita xente de antes e de agora non se perdeu nin devaluou. Co que agradecemos e animamos á Comisión da Semana Santa de Muros, a cada unha das cofradías e a todos os que colaboran a que sigan traballando conxuntamente nesta apaixoante tarefa.


VIGILIA PASCUAL




LA PALOMITA















As fotos son froito da colaboración de 
FOTOS DOMI, JUAN GARCÍA e U.P. MUROS, SERRES E SESTAIO

Ningún comentario:

Publicar un comentario