luns, 11 de xuño de 2012


CORPUS 2012

Foron moitas as semanas invertidas  na busca de ideas,  grande a ilusión en ver reflexados os deseños e incesante a procura de flores e cores para preparar o percorrido do Señor polas rúas.A pesares de que os partes metereolóxicos xa pronósticaban choiva para o domingo 10 de xuño, as esperanzas conserváronse ata o último momento, e foron numerosas as persoas que se ergueron ao mencer para comezar a elaborar as alfombras florais. O desánimo fixo a sua primeira aparición, cando ben entradas as horas do mediodia, as rúas seguían molladas debido a constante choiva  que non deu tregua suficiente para honrar os pasos do noso Señor e acompañalo polas rúas de Muros. Así e todo, e para sorpresa dos mais pesimistas, a maioiría dos barrios presentaron as suas alfombras e colocaron os altares como si de un dia soleado se tratase.
Estamos seguros que o Santísimo se sinteu honrado polo esforzo e a perseverancia mostrada pola xente de Muros.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario