luns, 24 de setembro de 2012

III CENA SOLIDARIA de Círculo de Recreo Náutico Muradán a prol de Cáritas












O sábado 22 de setembro, o Círculo de Recreo Náutico Muradán organizou a III Cea Solidaria a prol de Cáritas de Muros. Xuntáronse máis de 120 persoas no Restaurante “O Castelo” e houbo outras moitas persoas que se uniron nesta causa aportando un donativo. O total recaudado suma máis de 1300 €uros. Ao día seguinte, domingo, seguían chegando máis donativos. É a manifestación máis clara de que somos conscientes da situación que estamos a vivir e de que a preocupación polos demais e a xenerosidade son un camiño acertado para afrontar os efectos da mesma. 
Ao final da cea unha proxección mostrou a labor que Cáritas de Muros está a facer na zona e que vai desde o roupeiro, o facerse cargo do aluguer de pisos ou casas, a distribución de alimentos, a atención a inmigrantes, atención a persoas sin domicilio fixo, a colaboración con outras asociacións que teñen un fin social (por exemplo: Equus Zebra), campañas de sensibilización, campañas de emergencia, implicación dos xóvenes nas distintas campañas de recollida de alimentos, ou mesmo a presencia en datas sinaladas como a festa de Muros Mira ao Mar, sempre co fin de sensibilizar ou de acadar axudas en favor dos máis desfavorecidos.

 Círculo de Recreo Náutico Muradán e Cáritas agradecen a colaboración de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario