mércores, 9 de xaneiro de 2013

Festival Benéfico a prol de Cáritas

Ninguén pode dudar de que as necesidades medraron e de que a crise está facendo estragos. Pero hai que dicir que na medida que as necesidades van a máis tamén aumenta a xenerosidade e solidaridade. Hai que agradecer toda iniciativa e toda colaboración de cada persoa ou grupo. É o caso de Faltriqueira de Muros, que organizou o Festival Benéfico do día 6 de xaneiro a favor de Cáritas, e de tódalas agrupacións que participaron. Seguindo a liña dos presentadores este Festival é unha manifestación clara do merecido título que figura no escudo de Muros: moi noble, moi leal e moi humanitaria...











Ningún comentario:

Publicar un comentario