xoves, 16 de maio de 2013

FESTA DA CATEQUESE 2013

FESTA DA CATEQUESE 2013

Este domingo pasado celebramos o fin da catequese. Adiantámonos a moitas outras parroquias en poñer fin a este curso porque os domingos seguintes á Ascensión son días de festa en Muros: Espírito Santo, Corpus, Comuñóns,... As tres parroquias que conforman a Unidade Pastoral celebramos este derradeiro día de catequese neste curso 2012/2013 conxuntamente en Muros. Unha pequena dinámica animaba a vivir sempre na presencia de Deus, non só no tempo de catequese. 
A Ascensión marca o remate do tempo de Xesús no medio da nosa historia e ábrese un novo tempo: é o tempo da Igrexa que nace e vive movida pola nova presencia de Deus, o Espírito Santo. O fin da catequese tamén marca o comezo dunha nova etapa na que estamos chamados a dar testimonio, a vivir desde a liberdade o amor a Deus, que se expresa comunitariamente e de maneira especial na celebración da Eucaristía de cada Domingo. 
Ao rematar o curso non podemos menos de agradecer a todos os pais o interese e preocupación pola educación na fe dos seus fillos, compromiso que adquiriron no seu bautismo. E tamén agradecer profundamente a labor dos catequistas, que son colaboradores indispensables na vida e crecimento de cada parroquia.




































Ningún comentario:

Publicar un comentario