martes, 26 de novembro de 2013

A U.P. Muros, Serres e Sestaio únese á clausura do Ano da Fe

        O día 24 de novembro foi o día sinalado para a clausura do Ano da Fe proclamado por Benedicto XVI e que comezou o 12 de outubro de 2012. A diocese de Santiago adelantouse e celebrou o sábado 23 a clausura do Ano da Fe cunha peregrinación desde o Monte do Gozo ata a Catedral, na que participaron os Seminarios Menor e Maior de Santiago, relixiosos e fieis de diferentes parroquias da diocese. Da U.P. de Muros, Serres e Sestaio participou tamén un grupo xunto con toda a diocese.

        O domingo 24 a celebración da clausura tivo lugar tamén nas parroquias de Muros e Serres. Os grupos de confirmación debuxaron no adro da igrexa o logo do Ano da Fe. De seguido os catequistas e don Eduardo, seminarista, xunto con cada sección da catequese de ambas parroquias, entresacaron de cada un dos parágrafos da “PORTA FIDEI” unha frase para escribila ás portas de cada unha das igrexas. Na celebración da Eucaristía, con velas acendidas no cirio pascual, profesamos solemnemente o credo e renovamos as promesas bautismais. Ao rematar a celebración as mesmas velas acendidas serviron para cubrir de luz o logo do Ano da Fe. 




















































Ningún comentario:

Publicar un comentario