xoves, 28 de novembro de 2013

Cáritas con Filipinas

Cáritas con Filipinas

Sigue sendo dramática a situación en Filipinas, tralo paso do tifón Haiyan. De feito son máis de once millóns as persoas afectadas, mentras aumenta o número dos desaloxados e sin teito; ao mesmo tempo que o retraso na chegada de axudas está provocando tensións entre a población, con cada vez máis frecuentes episodios de saqueos. O secretario xeral da ONU, Ban Ki Moon, fala de devastación total.


Vídeo do 10 de novembro



O venres, sábado e domingo da pasada semana Cáritas de Muros saeu ás rúas para acadar fondos e responder á situación tráxica e de pura emnerxencia pola que está a pasar Filipinas. O venres no mercado recaudáronse 1896,20 € e o fin de semana as colectas que se fixeron nas igrexas da Unidade Pastoral ascenderon a 2716,25 €. O total ata o de agora é de 4.612,45 €.
Esta semana Cáritas volve a sair para seguir pedindo colaboración. A situación requíreo. 


Podes colaborar na conta que Cáritas Muros dispón 
nº CCC/ 2080- 0159-84-0040006000

Ningún comentario:

Publicar un comentario