luns, 2 de decembro de 2013

Que significa o tempo de Advento?Porque unha coroa con catro velas? 


Comezamos cada ano litúrxico co tempo de Advento, tempo que nos prepara para as festas da Natividade do Señor. Bendecimos o primeiro domingo de Advento unha coroa que ten catro velas e que expresa  o noso anhelo por contemplar a luz que irradia o acontecemento do Nadal. Cada unha das catro velas acéndense cada un dos domingos que preceden á festa de Nadal. A medida que o Señor se achega a luz vai medrando e desaparece toda oscuridade. 

O primeiro domingo de advento cada  sección da catequese da U.P. uros, Serres e Sestaio eleborou unha coroa de advento co fin de sentirnos todos implicados e motivados para esperar a Xesús e para, domingo tras domingo, deixarnos iluminar por EL. Unha forma sinxela para darlle máis relevancia ao comezo do ano litúrxico e á celebración do Tempo de Advento, que nos anima a estar preparados para acoller ao Señor que ven.




























Ningún comentario:

Publicar un comentario