domingo, 22 de xuño de 2014

FESTA DA CATEQUESE 2014 2ªparte





























O pasado 1 de xuño tivo lugar no pozo do Cachón a clausura da catequese do curso 2013/2014. Pola mañan celebramos unha misa de campaña cantada polos coros parroquiais de Serres e Muros na que participaron moitos nenos da catequese. Ao rematar a celebración houbo uns pinchos para todos os presentes. Pola tarde amenizouse a festa con diferentes xogos de competición onde se fixeron varios grupos con nenos de diferentes idades e con dous catequistas en cada un deles.  Logo levouse a cabo o sorteo sorpresa no que varios nenos foron agraciados con diferentes animais domésticos. Finalmente todo rematou ca festa da espuma, o que todos os nenos levabamos esperando toda a tarde, onde o pasamos xenial. 

Marta, Paula e Mariña
Colaboradores do Blog da UP

Ningún comentario:

Publicar un comentario