mércores, 13 de maio de 2015

A U.P de Muros e a U.P. dos Ánxeles, seguen as pegadas de Teresa de Jesús

Só tres días, pero tres días moi intensos que nos achegaron á persoa de Teresa de Ávila, á súa vida e, en síntese, ao carisma dunha persoa inqueda que soubo ver as carencias da vida monástica da época. A reforma do Carmelo é o froito da súa loita por vivir autenticamente o seu amor a Deus e á Igrexa. 
Tivémola sorte de contar con guías que conseguiron que disfrutáramos da historia que envolve toda a vida de Teresa de Xesús. Visitamos varias fundacións, concretamente a primeira de Ávila, a de Alba de Tormes e a de Medina del Campo. En cada un dos lugares que visitamos encontrámonos co cariño que a xente lle profesa a Teresa de Ávila e que contaxian aos que peregrinamos seguindo as súas pegadas.


















Ningún comentario:

Publicar un comentario