mércores, 10 de febreiro de 2016

É Cristo quen acolle, é Cristo quen escoita, é Cristo quen perdoa, é Cristo quen dá a paz...

Os días 9 e 10 de febreiro, comenzo do tempo de Coresma, foron escollidos polo Papa Francisco para enviar desde Roma aos Misioneiros da Misericordia. Chegados de todas as partes do mundo, comezou a primeira xorrnada con dúas horas de Adoración Eucarística e a posibilidade de achegarse ao Sacramento da Reconciliación en tres igrexas de Roma abertas e dispostas para este fin, con sacerdotes que confesaban nos distintos idiomas: San Salvador en Lauro, Santa María en Vallicella e San Xoán Bautista dos Florentinos. Esta foi a forma elixida que xunto ca imposición da cinza no día de hoxe marcarán a saída do itinerario marcado para os Misioneiros da Misericordia.




Ás 3 da tarde preto de 800 sacerdotes peregrinamos desde o Castel Sant’Angelo ata a Basílica de San Pedro onde veneramos aos Santos Pío de Pietrelcina e Leopoldo Mandic, dous grandes confesores capuchinos, e atravesamos a Porta do Perdón para, finalmente, reunirnos na Sala Rexia do Palacio Apostólico, onde tivo lugar a Audiencia do Papa exclusivamente cos Misioneiros da Misericordia. Como anécdota fixo referencia o Papa Francisco como a el lle cambiou a vida a confesión do 21 de setembro de 1953,  da que non recorda o que lle dixo o confesor pero sí a acollida ca que o recibeu: "que me dixo o sacerdote? Non me acordo. Só recordó que me sorriu e despois non sei que sucedeu. É recibir como pai”.






 Recollemos da audiencia as seguintes frases e exhortacións:

-          Chamados a “expresar a maternidade da Igrexa […]non podemos correr o risco de que un penitente non se percate da presencia materna da Igrexa que o acolle e o ama".
-          “Responsabilidade que lles é confiada a vostedes porque se lles pide ser en primeira persoa testemuño da proximidade de Deus e do seu modo de amar”.
-          Como paso previo, o Papa lémbranos aos misionerios que somos ministros de Cristo, pero tamén “os primeiros necesitados en ser perdoados por El”; de xeito que esta experiencia propia de debilidade debe movernos a coidar a acollida a cada persoa que se achega ao sacramento da penitencia, recordándonos que “é Cristo quen acolle, é Cristo quen escoita, é Cristo quen perdoa, é Cristo quen dá a paz”.
-          “Saber observar o desexo de perdón presente no corazón do penitente”.
-          Sinala o Papa Francisco o importante papel do sacerdote na confesión e a importancia tamén dos xestos: “Ante nós hai unha persoa ‘desnuda’, coa súa debilidade e os seus límites, coa vergoña de ser pecador [...] non esquezamos que ante nós non existe o pecado, senón o pecador arrepentido […] unha persoa que sinte o desexo de ser escoitada e perdoada”.
-          “Ser confesor según o corazón de Cristo equivale a cubrir ao pecador co manto da misericordia, para que non se avergoñe máis e poida recuperar a alegría da súa dignidade de fillo”.




Ao entrar para a audiencia entregóusenos a cada sacerdote un sobre que contén a carta onde se nos concede a facultade de absolver, durante o Ano Xubilar, os pecados reservados á Santa Sé, facultade “limitada exclusivamente aos seguintes pecados:
1.   Profanación das especies eucarísticas mediante sustración ou detención das mesmas para uso sacrílego;
2.       violencia física contra o Romano Pontífice;
3.       absolución do cómplice en pecado contra o Sexto Mandamento do Decálogo;
4.       violación directa do sixilo sacramental por parte do confesor.”


Rematamos a xornada de onte cunha cena na Aula Pablo VI; e hoxe, na celebración da Eucaristía de Mércores de Cinza, seremos enviados polo Santo Pai para realizar a súa misión en todo o mundo.

                                                
                                    Foto: Misioneiros da Misericordia da Diocese de Santiago de Compostela despois 
                                               da celebración de Cinza e do envío por parte do Papa Francisco.



Mira, Señor, a estos servos teus...

Guía os seus pasos...

Resoe nas súas verbas a voz de Cristo e nos seus xestos o corazón de Cristo...

Infunde nos seus corazóns o Espírito Santo...



Ningún comentario:

Publicar un comentario