xoves, 7 de abril de 2016

Peregrinación do Arciprestado de Entíns a Santiago


Todos os interesados poden poñerse en contacto coas súas parroquias, desde onde sairán os autobuses cara Santiago. A hora de saída depende da xente que xunte cada parroquia e do recorrido que teña que facer cada autobús, co que darase unha relación cos horarios e lugares de recollida unha vez coñezamos o total de peregrinos.


NOTA: A U.P. Muros, Serres e Sestaio vai peregrinar tamén das seguintes formas:

  • Facer o último tramo andando: Marcaremos un punto próximo a Santiago para facer a pé. Os nenos/as e xóvenes de catequese faremos este tramo para chegar peregrinando á Porta Santa. Tamén poden camiñar este tramo as persoas que o comuniquen ao anotarse. Invitamos a participar aos pais e nais dos nenos, nenas e xóvenes da catequese nesta modalidade.
  • Peregrinar andando desde Muros ata Santiago: Estamos sinalando e recoñecendo o camiño desde Muros a Santiago, e o domingo día 10 de abril esperamos ter claro cantas etapas son necesarias para chegar a Santiago, se dúas ou tres. Si son dúas sairemos o sábado moi cedo. Si son tres as etapas necesarias, faremos a primeira o venres pola tarde. 
Para máis información ponte en contacto coa parroquia ou nos tlfnos: 664731996/678941419.

Ningún comentario:

Publicar un comentario