venres, 13 de maio de 2016

Esto non é xusto para eles

Se buscamos en internet “Primeira Comunión” aparecen entradas como estas:

Avance tendencias: ¿Qué vestidos de Primera Comunión se llevarán esta temporada?
Primera Comunión: compritas para los peques
Recuerdos de Primera Comunión 2016: baratos y originales
Primera comunión: los vestidos de 2016. Crecer feliz

E probablemente non sorprende, porque os quebradeiros de cabeza de moitas nais e pais achegándose á data da Primeira comunión dos seus fillos, viran ao redor destes temas.

Non é chocante que nun momento como o que vivimos, estes temas sexan os que preocupan?. Un momento no que parece que por fin a sociedade pide transparencia, coherencia,...no que por fin se revela diante do “decir e non facer”, diante das falsas apariencias, da falsedade. Non nos choca entón que esa mesma sociedade deixe que os seus fillos non sexan coherentes, fagan as cousas cun sentido falseado, onde conte máis a aparencia que o verdadeiro sentido do que fan e celebran?.

Falamos de nenos e nenas. A parte máis doce, indefensa e vulnerable do noso mundo. A parte que máis queremos. Nas nosas mans está axudalos a entender o verdadeiro sentido do que fan. A verdadeira felicidade dos nosos nenos non debe basarse nunha competición de beleza ou elegancia ou de quen ten a festa máis orixinal. Porque tamén estamos a falar da súa Primeira Comunión. Un día para o que levan preparándose desde que comezan a catequese con seis anos. Non é xusto que se convirta nun día de nervios e stress porque o traxe esté perfecto, os invitados contentos, o peinado impecable, os detalles os máis orixinales...Para qué?. Esto non é xusto para eles. A verdadeira felicidade dese día para eles sería recibir a Xesús cos seus pais. Recibilo xuntos, rezar xuntos, dar gracias xuntos. Que sexa un día feliz e relaxado. Que non haxa ningunha preocupación nin competición. Que non vexan as súas nais e pais nerviosos pola hora da peluquería nin por ser os máis elegantes, nin por poñer o mellor viño na mesa. Eles non van facer a Primeira Comunión. Non lle roubemos o día aos nosos nenos e nenas.

Rodeémolos de tranquilidade e confianza. E acompañémolos preparándonos para recibir a Xesús con eles, REGALÁNDOLLES un día pleno de SENTIDO, FE e AMOR POR DEUS.

Reflexión dunha nai.
UP MUROS, SERRES E SESTAIO

Ningún comentario:

Publicar un comentario