venres, 23 de decembro de 2016

GODLY PLAY


É un enfoque creativo e imaxinativo, baseado en principios do método Montessori e o culto cristián, para potenciar a educación cristiá e a formación espiritual das persoas de todas as idades. A través de símbolos e obxectos, ademais de palabras, convida aos participantes a interactuar coas historias bíblicas, relacionándoas coa súa experiencia e circunstancias; desenvolvendo unha comprensión cada vez máis profunda das narracións sacras, os símbolos e os ritos comunitarios; e preparando para participar no culto e a vida das comunidades. Pode ser utilizado nunha variedade de contextos, tales como igrexas, escolas, hospitais, residencias de anciáns, etc.

O obxectivo é capacitar a catequistas e educadores na fe neste método de narrar historias sacras.





















"En moitos métodos de educación relixiosa ensínaselles aos nenos acerca de Deus. En Godly Play, os nenos descobren por si mesmos quen é Deus"

Ningún comentario:

Publicar un comentario