mércores, 28 de decembro de 2016

Menudo día de convivencia!!!

Nas parroquias de Muros, Serres, Sestaio e Torea participan como monaguillos preto de 40 nenos e nenas.  Este ano propuxemos un día de convivencia e só se apuntaron 7, así que con estos 7 saímos á aventura este martes 27 de decembro. Un día soleado que anticipaba alegría e diversión. Comezamos o programa cunha visita a unha casa moi querida e admirada: ao Cottolengo. Alí atopámonos coa irmá Silvia, unha relixiosa que nos explicou o carisma do Cottolengo a través especialmente de tres pilares: a oración, a atención a Xesús en cada un dos enfermos e o  vivir confiadas na Providencia. Estivemos moi pouquiño tempo pero dou tempo a rezar na capela, visitar e a falar con moitas das persoas que están nesta casa, a cantar e a coñecer de cerca o  Cottolengo. É a vosa casa, repetía en varias ocasións a irmá Silvia. Despedímonos e seguimos o camiño cara San Martiño Pinario onde puidemos contemplar un fermoso Belén de 70 m² e 500 figuras, moitas delas con movemento. Unha pequena visita á igrexa e xa eran horas de pensar en xantar.
Pola tarde e despois dun café e dunha anticipada inocentada na fonte de Praterías, dirixímonos cara a Praza do Obradoiro xa que ás 16.00h estaba prevista unha visita guiada aos tellados da catedral. Por acordo da maioría rematamos o día no cine ca película Canta. Menudo día de convivencia!!!
















Ningún comentario:

Publicar un comentario