venres, 23 de decembro de 2016

A LUZ DE BELÉN

Que brille o teu rostro señor...!!!
A Palabra era a luz verdadeira que ilumina a todo home...





















A sociedade mudou en moitos aspectos, uns moi positivos e outros non tanto: principios, valores, prioridades,... É algo que nos afecta a todos e no medio dela hai distintas opcións ou posturas. 

O Papa Francisco fala a miúdo da global indiferencia, que non deixa de ser unha opción de vida e que cada vez é máis común. Pero tamén hai persoas que nadan contracorriente e viven a súa vida desde a xenerosidade e o servicio aos demais. 

O Nadal fala de compromiso e deixa en mal lugar á indiferencia. Deus comprométese, faise luz dun modo sinxelo, sin ruido e encárnase no medio dos máis pobres, dos que están abertos á esperanza. Nadal é acoller a Deus que se fai neno. “É a sorpresa dun Deus neno, dun Deus débil, dun Deus que abandona a súa grandeza para facerse cercano a cada un de nós”. (Papa Francisco).

Desexo que TODAS as persoas da UP Muros, Serres, Sestaio e Torea, vivan o Nadal e se deixen contaxiar polo amor e a tenrura de Deus. Que abramos de par en par as portas dos nosos fogares á Luz que vén de Belén, ao Neno Xesús que mostra o verdadeiro rostro de Deus e que vive desde sempre e para sempre con nós.

Animádevos a vivir en familia o auténtico sentido do Nadal, participade nas celebracións, mostrade a ledicia que expresa, abride os corazóns á misericordia e ao perdón, e comprometédevos ca realidade loitando contra toda indiferencia. Si este acontecimento se deixa de vivir e se convirte noutra celebración distinta non podemos escurrir o bulto, mirar para outro lado e pensar que é culpa dos que non cren ou dos que incluso rechazan ou están en contra. Eles son fieis aos seus principios e ideas. É de nós, dos crentes en Xesús, de quen depende que o Nadal siga vivo e que Cristo sexa acollido. Somos nós os que movidos pola fe lle facemos sitio a Deus no medio da nosa sociedade, falamos del, o anunciamos e damos testemuño. 

O signo da Luz de Belén que recibimos o sábado 17 en cada unha das parroquias e que logo levamos, iluminando no medio da oscuridade as nosas habitacións, salas, casas, ... temos agora que convertilo en realidade. O gozo da presencia de Deus no medio de nós no podemos vivir só para nós, temos que levalo aos demáis, especialmente aos que perderon a esperanza, aos que se atopan sós, aos tristes, aos que buscan paz para as súas vidas,... Esa é unha das vocacións que todos compartimos, ser antorchas, ser reflexo de Deus.

A miña oración destes días está adicada ás familias, aos pais e nais que son esa antorcha indiscutible para os seus fillos, os que poden dar o maior testemuño, e contaxiar o gozo da fe e confianza en Xesús; e aos nenos e xóvenes, que teñen difícil recoñecer a Xesús neste mundo cargado de información, de mensaxes, de estilos e de indiferencia.

Cos mellores desexos

                                                    Alfonso Mera


Ningún comentario:

Publicar un comentario