sábado, 11 de marzo de 2017

A Coresma día a día

SÁBADO DA I SEMANA DE CORESMA
2017




Unha frase do evanxeo: 

"Tedes oído que se vos dixo: Amarás o teu próximo e aborrecerás o teu inimigo. Pero eu dígovos: amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no ceo, que fai saír o seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos."

Reflexión:

Xesús dános tres consellos sinxelos: facer o ben, amar de corazón e orar. A quen? Aos que son os nosos inimigos, aos que nos fan a trampa, aos que nos levantan calumnia, ao que nos traizoou... Aquí está o núcleo da fe cristiá: amar sempre e sen medida a todos como o fixo El...

Actitude:

AMA: Ama non só ao que cho pon fácil, senón a quen máis che custa.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario