domingo, 12 de marzo de 2017

A Coresma día a día

DOMINGO DA II SEMANA DE CORESMA
2017





Unha frase do evanxeo: 

«Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo».

Reflexión:

A cuestión fundamental expresada no episodio da transfiguración está na revelación de Xesús como o Fillo amado de Deus, que vai realizar o proxecto salvador e liberador de Deus en favor dos homes mediante a doazón da súa vida, mediante a entrega total de si mesmo por amor. Pola transfiguración de Xesús, Deus mostra aos crentes de todas as épocas e lugares que unha existencia feita don non é un fracaso, aínda que termine na cruz. A vida plena e definitiva espera, ao final do camiño, a todos aqueles que, como Xesús, fosen capaces de poñer a súa vida ao servizo dos irmáns.


Actitude:

ESCAPA: Da tentación da comodidade, achégache aos teus irmáns.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario