luns, 13 de marzo de 2017

A Coresma día a día

LUNS DA II SEMANA DE CORESMA
2017




Unha frase do evanxeo: 


«Sede compasivos coma o voso Pai é compasivo. Non xulguedes, e non vos xulgarán; non condenedes, e non vos condenarán; perdoade, e hanvos perdoar. Dade, e darásevos a vós: unha boa medida ‑acugulada, rebordada, apretada‑ seravos botada no voso regazo; pois coa medida que midades hanvos medir a vós».


Reflexión:


Compasión: Avanzando no camiño cara á Pascua, seguimos profundando na conversión cuaresmal. Hoxe Xesús pídenos ter sentimentos similares aos seus. E, o que é máis importante, non quedarnos nos sentimentos, senón servirnos deles para pasar á acción.
Perdoade: Hai que ser moi honrados ao falar do perdón. Non podemos banalizar algo que, evanxélicamente falando, é primordial. Porque falamos do perdón evanxélico, que non é un acto de xustiza, senón de misericordia. O perdón entre nós, brota sempre de sabernos fillos de Deus e, por tanto, da fraternidade humana.

Actitude:

NON XULGUES: Aos demais, evita as críticas e a visión negativa da realidade.

Canción:

Ningún comentario:

Publicar un comentario