martes, 14 de marzo de 2017

A Coresma día a día

MARTES DA II SEMANA DE CORESMA
2017



Unha frase do evanxeo: 

«Na cátedra de Moisés sentaron os letrados e mais os fariseos. Facede, logo, e cumpride canto vos digan, pero non imitedes a súa conduta porque falan pero non cumpren. Atan fardos pesados e cánganos no lombo dos outros, pero eles nin un dedo poñen para os mover. Todo o que fan é para que os vexan...».

Reflexión:


Dous son os fallos principais dos letrados e fariseos: que viven o contrario do que predican e que se cren superiores ao resto da humanidade. En primeiro lugar, vivir na mentira, dicir unha cousa e facer outra, é o mellor camiño para afastarse da felicidade. Ninguén pode estar a gusto consigo mesmo vivindo na incoherencia: "Eles non fan o que din".
En segundo lugar, o orgullo, a vaidade, a soberbia levan aparellados crerse por encima dos demais, ser máis que os demais. Por iso, crense con dereito a ser chamados mestres, xefes,..., e ocupar os primeiros postos nos banquetes. Equivócanse. Cristo dínolo claramente: todos vós sodes irmáns". Todos os homes, aínda que con distintos dons e talentos, temos a mesma dignidade. Ninguén en dignidade é maior que os demais. Todos somos fillos de Deus e irmáns uns doutros. Esa é a nosa única e común dignidade. E como tales debemos vivir.


Actitude:

SÉ HUMILDE: Acepta a túa pequenez, e evita a soberbia e orgullo.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario