mércores, 15 de marzo de 2017

A Coresma día a día

MÉRCORES DA II SEMANA DE CORESMA
2017




Unha frase do evanxeo: 

«Non sabedes o que pedides. Poderedes beber o cáliz que eu teño que beber?».

Reflexión:

No proxecto evanxélico non cabe nin o ansia de primacía nin a nostalxia de poder, por escaso que este sexa. Xesús non cala ante este déficit fraterno da comunidade apostólica e en poucas pero certeiras palabras, desautoriza todo tipo de autoritarismo e tiranía dos poderosos. Xesús desexa para os seus que adquiran conciencia de servidores xenerosos e, desde aí, poñan á comunidade o selo indeleble do discipulado evanxélico, con toda claridade vivido polo Mestre que veu entre nós para servir e dar a súa vida en rescate por moitos. 


Actitude:

OFRÉCETE: Para esta tarefa que ninguén quere facer.

Canción:



Ningún comentario:

Publicar un comentario