sábado, 18 de marzo de 2017

A Coresma día a día

SÁBADO DA II SEMANA DE CORESMA
2017




Unha frase do evanxeo: 

«Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente.

Reflexión:

Deus sae ao encontro do ser humano e acólleo con amor, sen levantar cargos para realizarlle un xuízo. Deus perdoa infinitamente porque é un Pai cheo de misericordia e non hai causa humana perdida para El. Por iso, Xesús acolle aos pecadores e publicanos que se lle achegan sedentos dunha vida nova; para el non cabe máis que celebrar e compartir a mesa festiva: a vida do Reino é posible aínda para aquelas persoas que chegaron ao límite da desesperación e a negatividade.

Actitude:

VOLVE: Reconcíliate con Deus. O Pai sempre desexa que volvas.

Canción:

Ningún comentario:

Publicar un comentario