martes, 21 de marzo de 2017

A Coresma día a día

MARTES DA III SEMANA DE CORESMA
2017





Unha frase do evanxeo: 

«
‑Señor, cantas veces terei que perdoar a meu irmán se me segue ofendendo? Ata sete veces?
Respondeulle Xesús:
Non che digo ata sete veces, senón ata setenta e sete».

Reflexión:

Nós, os cristiáns, non somos os que temos que cumprir uns preceptos morais porque están mandados. O noso non é unha moral. Nós somos os que nos atopamos con Xesús, seduciunos, convenceunos de que seguirlle a el por amor é o mellor camiño para atopar o sentido e a alegría de vivir. O noso criterio de actuación moral non apunta a uns mandatos, senón a unha Persoa: "fai aos demais o que Cristo fixo contigo". Temos que amar non porque estea mandado, senón porque Cristo amounos primeiro e séguenos amando. Temos que perdoar sempre, ata setenta veces sete, non porque sexa un precepto da lei, senón porque Cristo perdoounos e séguenos perdoando con abundancia. Temos que entregar a vida polos demais non por cumprir un mandamento, senón porque Cristo entregou a vida por nós,..., e así todo o demais. A nosa referencia non é un mandato, senón unha Persoa. O noso é seguir a Xesús, o noso Mestre e Señor.

Actitude:

SETE VECES: Axuda hoxe aos demais, son moitas?.

Canción:

Ningún comentario:

Publicar un comentario