sábado, 25 de marzo de 2017

A Coresma día a día

SÁBADO DA III SEMANA DE CORESMA

2017




Unha frase do evanxeo: 

«
Non teñas medo, María, porque ti atopaches graza ante Deus; e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ao que lle poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin».

Reflexión:

O Deus no que cremos os cristiáns é un Deus que se fixo carne, que puxo a súa tenda entre nós. Un Deus que pide a colaboración humana para realizar o seu plan de salvación. María, a escrava do Señor, representa o prototipo do crente pola súa fe, a súa dispoñibilidade, a súa pobreza, a súa humildade, e sobre todo pola súa capacidade de encarnar a Palabra. 
A celebración da Anunciación é unha boa ocasión para agradecer o inmenso agasallo da Encarnación de Deus na nosa historia, e para pedir a graza de saber escoitar a súa Palabra para facela vida no noso día a día. 

Actitude:

ADORA: Atopa un momento no teu día para achegarte a Deus no sagrario.

Canción:

Canto a María

Ningún comentario:

Publicar un comentario