domingo, 26 de marzo de 2017

A Coresma día a día

DOMINGO DA IV SEMANA DE CORESMA

2017






Unha frase do evanxeo: 


«Ao pasar, viu a un cego de nacemento. Dito isto, cuspiu na terra e fixo lama co cuspe e untouna polos ollos do cego, dicíndolle: ‑Vaite lavar na piscina de Siloé (que quere dicir "enviado"). El foi, lavouse e volveu con vista. Entón os veciños e os que antes o viran andar a pedir preguntaban: ‑¿Non é este o que estaba sentado pedindo? Uns dicían: "éche o mesmo"; outros, "non, é un que se lle asemella"; e el dicía: "son eu". Entón preguntábanlle: ‑Daquela ¿como se che abriron os ollos? Levaron onda os fariseos o que fora cego... E outra vez lle preguntaban tamén os fariseos como chegara a ver. El respondeulles: ‑Untoume lama polos ollos, laveime e vexo. Algúns dos fariseos dicían: "Este home non vén de Deus, que non garda o sábado".


Reflexión:

Hoxe celebramos o Domingo de Laetare, domingo da alegría. A pasaxe do cego de nacemento sinala por un lado a Xesús e por outro aos fariseos. Xesús, que se interesa polo pecador, marxinado e pobre; e os fariseos que sempre se molestan ante a actitude de Xesús e buscan xustificacións para poñer en cuestión a súa misericordia. Ver é motivo de alegría e aquel que foi cego sempre, atopa hoxe en Xesús a alegría para toda a vida, motivo suficiente para depositar toda a súa confianza nel: creo Señor.

Actitude:

CRE: Deus existe e ámate con locura. Celebra esta alegría.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario