luns, 27 de marzo de 2017

A Coresma día a día

LUNS DA IV SEMANA DE CORESMA

2017




Unha frase do evanxeo: 


«Díxolle entón Xesús:
‑Se non vedes sinais e prodixios, non credes.
O funcionario insistiu:
‑Señor, baixa antes de que morra o meu meniño.
Xesús contestoulle:
‑Vaite, o teu fillo vive.
O home creu na palabra que lle dixera Xesús e foise.

Reflexión:

O funcionario creu na palabra de Xesús, e púxose en camiño; e o milagre produciuse.  Cre en Xesús, na súa palabra, antes de ver a curación do seu fillo: cre só porque o di Xesús, para el é suficiente. E, de tal forma cre, que se pon en camiño. Esa é a forma de agradecelo. Nada de belas palabras, senón as mellores accións. Iso é crer en Xesús, seguir a Xesús, ser discípulo de Xesús, pertencer ao Reino.

Actitude:

CONFÍA: Na Palabra de Deus e na súa acción constante na túa vida.

Canción:

CONFÍO EN TI DE JESED

Ningún comentario:

Publicar un comentario