martes, 28 de marzo de 2017

A Coresma día a día

MARTES DA IV SEMANA DE CORESMA

2017






Unha frase do evanxeo: 


«Había alí un home que levaba trinta e oito anos enfermo. Xesús, ó velo deitado e sabendo que levaba xa moito tempo, preguntoulle:
‑ Ti queres quedar san?
Respondeulle o enfermo:
‑Señor, eu non teño a ninguén que me bote na piscina cando se remexe a auga; e, mentres eu veño, sempre baixa outro máis axiña ca min.»

Reflexión:

Normalmente, os que padecen algunha enfermidade, algún mal, son os que eles mesmos saen ao encontro de Xesús, achéganse a el e suplícanlle que lles saque desa situación. É esa confianza en Xesús a que os sana: "A túa fe curouche". Pero hoxe, Xesús sorpréndenos e é el o que toma a iniciativa e adiántase ao enfermo, que nin o coñece: "Queres quedar san?". As curacións de Xesús esténdense máis aló dos que lle coñecen e cren nel. As súas entrañas de misericordia rompen todos os límites.

Actitude:

AGRADECE: Á túa comunidade o seu amor, a súa compaña no camiño, a súa axuda.

Canción:

Purificame Marcos witt con letra

Ningún comentario:

Publicar un comentario