mércores, 29 de marzo de 2017

A Coresma día a día

MÉRCORES DA IV SEMANA DE CORESMA

2017





Unha frase do evanxeo: 


«Con toda verdade volo aseguro: o Fillo non pode facer en por si nada: só o que lle ve facer a seu Pai. O que este fai, faino tamén o Fillo: pois o Pai ama ó Fillo, e móstralle todas as cousas que el fai, e mostraralle obras meirandes ca estas, para que vos pasmedes.»

Reflexión:

O relato faise eco da curación do paralítico, segundo dos signos do evanxeo de Juan. Afírmase a unidade de acción entre o Pai e o Fillo: Jesús é igual ao Pai, depende del en todo, copia del a súa actuación fundamental, que segue sendo dar a vida. Porque o Fillo non fai nada pola súa propia conta, porque fai o que ve facer ao Pai. 

Actitude:

ALABA: Le hoxe o evanxeo e alaba a Deus na túa vida.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario