xoves, 30 de marzo de 2017

A Coresma día a día

XOVES DA IV SEMANA DE CORESMA

2017




Unha frase do evanxeo: 


«Non é que eu espere gloria dos homes; pero ben me decato de que vós non tedes dentro o amor de Deus. Eu veño no nome do meu Pai e non me recibides; se outro vén no seu propio nome, a ese habedes de  recibilo.»

Reflexión:

Non quedemos na imaxe dun Xesús que fala aos próximos, aínda que estes non acaben de comprender ou non acepten o que si comprenderon. Xesús non só fala para os discípulos que están ao seu ao redor; tamén fala para nós, os seres humanos capaces de seguir a deuses absurdos porque non terminamos de fiarnos del.

Actitude:

ORA: Polo teu pai, da grazas a Deus por el.

Canción:



Ningún comentario:

Publicar un comentario