venres, 31 de marzo de 2017

A Coresma día a día

VENRES DA IV SEMANA DE CORESMA

2017





Unha frase do evanxeo: 

«Non é a este ó que lle trataban a morte? Pois mira como fala á vista de todo o mundo e mais non lle din nada. Será que de verdade as autoridades chegaron a recoñecer que el é o Mesías? [...] trataban de prendelo; pero ninguén lle botou man: aínda non chegara a súa hora.»

Reflexión:

Que necios somos os homes cando nos encerramos en nós mesmos e todo o medimos e xulgamos unicamente segundo noso "criterio"!.

Por que nos empeñamos en ser o principio, a orixe e o fin de todas as cousas?


Por que nos empeñamos en non querer recoñecer a Deus como principio, orixe e fin da nosa vida e de todo o creado?

Non, non nos podemos quedar no que vemos, tocamos e podemos comprender. Sí, temos que ampliar a nosa capacidade de confiar, de crer, de dar ás ao noso espírito, e pedir como pedía San Agustín:

«Señor, dáme ás como de aguia para que o meu espírito voe a ti e non desfaleza nunca. Descanse en Ti o meu corazón, para que todas as miñas cousas logren serenidade e quietude; e desvanecida a escuridade dos meus inquietos pensamentos, che contemple claramente a ti, doce luz dos meus ollos. Concédeme pois, suplícocho, as ás da contemplación, para que con elas poida voar ao alto e chegarme a ti. » Amén.

Actitude:

FALA: Da túa fe e de como Deus actúa na túa vida.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario