martes, 7 de marzo de 2017

A coresma día a día

MARTES DA PRIMEIRA SEMANA DE CORESMA
2017



Unha frase do evanxeo: 

"E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros coma os pagáns. Botan de conta que os van escoitar polo moito falar. Non sexades coma eles, porque voso Pai ben sabe o que precisades xa antes de que llo pidades."

Reflexión:

Dúas boas indicacións de como rezar: non usar moitas palabras e dirixirnos a Deus como a un Pai. A oración de Xesús tén coma interlocutor a Deus Pai. Seu Pai é alguén moi próximo, preocupado polos máis pequenos detalles, coma o pan de cada día, ata os temas máis álxidos, como o mal no mundo.

Actitude:

REZA: O Noso Pai, desde o corazón. Para en cada frase e faina nova en ti.

Canción:

Padre Nuestro Diana Navarro

Ningún comentario:

Publicar un comentario