sábado, 1 de abril de 2017

A Coresma día a día

SÁBADO DA IV SEMANA DE CORESMA

2017





Unha frase do evanxeo: 

«Houbo división no pobo, por causa del. 44Algúns queríano prender, pero ninguén lle puxo enriba as mans.
Foron entón os gardas onda os xefes dos sacerdotes e os fariseos. Eles preguntáronlles:
‑ Por que non o trouxestes?
Responderon os gardas:
‑Nunca ninguén falou así coma este home.»

Reflexión:

Xesús non deixa indiferente a ninguén. Na xente había diversas opinións e moita confusión respecto de Xesús. 

Moitas opinións! Cada un tiña os seus argumentos, sacados da Biblia, da Tradición ou do ensino dos seus maiores.. Hoxe tamén a moitos se lles ensinou na súa propia familia, na catequese... Pero non saben, non recoñecen, non están convencidos, celebran as festas relixiosas..., e que queda? Moitos queren ver ao Cristo que eles mesmos se fabrican e ata poden pensar: non será este o Mesías?

Actitude:

ELIXE: Quen é mais forte na túa vida: a mensaxe de Deus ou a do mundo?.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario