luns, 10 de abril de 2017

SEMANA SANTA

LUNS SANTO

2017





Unha frase do evanxeo: 

«Entón María, collendo unha libra de perfume de nardo puro, de moito prezo, unxiu os pés de Xesús e enxugoullos cos seus cabelos. A casa quedou chea do recendo do perfume.
Pero Xudas, o Iscariote, un dos seus discípulos, o que o había de entregar, dixo:
‑ Por que non se vendeu ese perfume por trescentos denarios, e non se lles deron ós pobres?.»

Reflexión:

Ao comezar a última semana de Xesús entre nós, atopámolo contento, a gusto na casa dos seus amigos, no medio da contorna hostil que se xera contra el; alegrándose do perfume de Maria, aínda que lembre que estaba pensado para a súa sepultura. Xesús non é un home para a morte. É home para a vida. Pero é un feito que a morte lle chega porque alguén así o quixo. Iso si, o Pai está con el, como estivo sempre e como estará a perpetuidade.

Betania, para Xesús e, desde entón, para nós, é sinónimo de amizade auténtica. Alí está Marta, a que serve; atópase Lázaro, o resucitado, e María, a dos perfumes, que representan o extremo do amor de amizade. Betania, onde Xesús se sentía na casa, como no fogar, a gusto; e onde descansaba. Serven, escoitan e unxen. Pero sobre todo, aman e séntense amados.

Desentonando, está tamén Xudas Iscariote, o que, ao final, entregarao. Representa o contrario da amizade, a antipatía e a animosidade, envolvidas en papel de celofán envelenado: "Por que non se vendeu este perfume en trescentos denarios para darllos aos pobres?"

Actitude:

SENTE: A alegría de quen se sabe amado e perdoado.

Canción:

Ningún comentario:

Publicar un comentario