domingo, 2 de abril de 2017

A Coresma día a día

DOMINGO DA V SEMANA DE CORESMA

2017




Unha frase do evanxeo: 

«Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, aínda que morra, vivirá; 26e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. Cres ti isto?.»

Reflexión:

Dunha situación de morte e sen sentido, na que nos mergullamos moitas veces, lévanos o amor de Xesucristo a unha experiencia desbordante de vida. Non veu a condenar senón a salvar, a dar vida en abundancia.

O signo será devolver á vida ao seu amigo Lázaro. Faino pasar do aparentemente definitivo, catro días morto, a volver vivir. Todos pasan da desolación producida pola morte, á posibilidade de vivir doutra maneira se aceptan que El é a resurrección e a vida.

Actitude:

PON: A túa angustia en mans de Deus e rumorea: en Ti confío..

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario