luns, 3 de abril de 2017

A Coresma día a día

LUNS 
DA V SEMANA DE CORESMA

2017




Unha frase do evanxeo: 

«Quen de entre vós non teña pecado, que lle tire a primeira pedra. E, abaixándose outra vez, escribía na terra. Pero eles, ó que o escoitaron, foron liscando un a un, comezando polos máis vellos. Quedou el só coa muller, que seguía no medio. Ergueuse entón e preguntoulle:
‑Muller, onde van? Ninguén te condenou?»

Reflexión:

Xesús non desprezou a xustiza humana, pero puxo como norma de conduta a misericordia, que supera e desborda a lóxica dos fariseos, xulgar para condenar. Xesús busca que os que lle sigan, en lugar de xulgar, comprendan para perdoar. O único que pode xulgar en profundidade é Deus. Que sabemos nós do porqué dos feitos, palabras e accións dos demais? Que sabían os letrados que condenaban a aquela muller sobre a razón ou razóns que a levaron ata aquilo? 

Actitude:

NON CULPES: Evita botar as culpas aos demais, é mellor perdoar..

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario