martes, 4 de abril de 2017

A Coresma día a día

MARTES 
DA V SEMANA DE CORESMA

2017





Unha frase do evanxeo: 

«Cando ergades o Fillo do Home, entón comprenderedes que "Eu son", e que non fago nada pola miña conta, senón que falo do que o Pai me ensinou. E quen me mandou está comigo: non me deixou só, pois eu fago sempre o que a El lle agrada.»

Reflexión:

Xesús, aos seus seguidores de boa vontade de calquera tempo, sempre está disposto a botarnos unha man, desde o alto da cruz. Continuamente temos que mirar a Xesús cravado no alto do madeiro, como os xudeus miraban á serpe. Pero a cruz non nos fala só da súa morte, fálanos tamén da súa vida e da súa resurrección e da nosa salvación, da nosa chegada ao novo ceo. Se Xesús acabou inxustamente cravado nunha cruz, foi porque viviu dunha determinada maneira, entregando a súa vida por amor cara a nós, non só ao final, senón no día a día, ata morrer inxustamente antes que renunciar ao amor. E por vivir e morrer así, o seu Pai Deus resucitouno ao terceiro día.

Actitude:

ATENDE: Deus sempre está presente na túa vida. Descúbreo no máis pequeno.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario