mércores, 5 de abril de 2017

A Coresma día a día

MÉRCORES 
DA V SEMANA DE CORESMA

2017




Unha frase do evanxeo: 

«Se permanecedes na miña palabra, seredes de verdade discípulos meus; 32e coñeceredes a verdade e a verdade faravos libres.»

Reflexión:

O texto evanxélico recolle unha discusión áspera entre Xesús e os xudeus que creran nel. Da relativa escuridade do texto emerxe como mensaxe que é preciso dar o paso dunha fe inicial entusiástica, que acepta a Xesús como un Mesías profético, á xenuína confesión propia da fe cristiá que o confesa como Fillo de Deus. O Mestre dinos que hai que permanecer nas súas palabras para camiñar cara á verdade completa, verdade que nos achega á liberdade plena.

Actitude:

DEIXA : Os teus medos. Abre como María o teu corazón con confianza.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario