xoves, 6 de abril de 2017

A Coresma día a día

XOVES
DA V SEMANA DE CORESMA

2017




Unha frase do evanxeo: 

«Con toda verdade volo aseguro: quen fai caso da miña palabra, non morrerá endexamais.»

Reflexión:

Quédannos uns días aínda para poder prepararnos ben para celebrar o Triduo Pascual, momento definitivo da glorificación do Fillo de Deus. Volvamos a mirada ao Pai que desde a súa alianza con Abrahán coidou ao seu pobo. Busquemos nos rostros da xente que está ao noso redor os rostros dos irmáns que, como nós, están en camiño, especialmente os rostros daqueles que sofren, daqueles que se senten desamparados, que buscan en nós tamén o rostro de Deus e a nosa compaixón e axuda.

Actitude:

ABRE: O corazón: para entender a Deus non busques razóns.

Canción:

Ningún comentario:

Publicar un comentario