sábado, 8 de abril de 2017

A Coresma día a día

SÁBADO V SEMANA DE CORESMA

2017



Unha frase do evanxeo: 

«Non entendedes nada. Non coidades que vos convén que morra un home polo pobo e non que pereza a nación enteira?»

Reflexión:

Moitos crían en Xesús. E iso convertíase nun perigo moi serio para eles, porque poñía en risco a súa organización, os seus privilexios, o seu poder, os seus intereses, o "aparello" institucional que tiñan montado que os situaba na cima da pirámide e conferíalles autoridade para decidir mesmo sobre a vida dos demais! A morte de Xesús era unha minucia comparada coa importancia de manter a súa posición!

É moito máis sinxelo "adorar" a Deus desde os ritos que aceptalo como Xesús se esforzaba por presentalo, sobre todo se ocupamos a "cúspide" da sociedade.

Pero tamén para os que non somos senón un de tantos existe esa tentación. Un Deus que comparte, que o entrega todo, que dá a vida, que camiña connosco, que nos convida a seguilo, pode parecernos moito máis esixente que o cumprir unhas normas porque capta a totalidade da vida...

Tal vez non nos demos ocasión suficiente para comprender que entregarse non é desprenderse de algo que me pertence, senón compartir o que recibín, en última instancia, de Deus.

Actitude:

PARA: E pregúntate como vivirás esta Semana Santa.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario