domingo, 16 de abril de 2017

RESURRECCIÓN. A Palomiña

DOMINGO DE RESURRECCIÓN
PASCUA




         A lóxica humana vai na liña da figura representada por Pedro: o amor dado ata a morte, os servicios simples e sen pretensións, a entrega da vida, só conducen ao fracaso; non é un camiño sólido e consistente para chegar ao éxito, ao triunfo, á gloria; da cruz, do amor radical, da donación de si, non pode xurdir realización, felicidade, vida plena. É verdade que é esta a perspectiva da cultura dominante; é verdade que esta é a perspectiva de moitos cristiáns (representados na figura deSimón Pedro). Como me sitúo fronte a isto?  A resurrección de Xesús proba, precisamente, que a vida plena, a vida total, a transfiguración total de nosa realidade finita e das nosas limitadas capacidades pasa polo amor que se dá, con radicalidade,ata as últimas consecuencias. Teño conciencia diso? Conduzo a miña vida nesa dirección?

Ningún comentario:

Publicar un comentario