martes, 11 de abril de 2017

SEMANA SANTA

MARTES SANTO

2017



Unha frase do evanxeo: 

«E mollando o pan, deullo a Xudas, o de Simón Iscariote. E naquel instante, xunto co pan, entrou nel Satán. Entón díxolle Xesús:
‑O que vas facer, faino axiña.»

Reflexión:

Momentos duros para Xesús os que nos relata o evanxeo de hoxe. Se hai algo que fere a alma de calquera é a traizón dun amigo. Xesús é traizoado por un dos seus amigos, por un dos que el elixira para seguilo e ser continuador da súa obra. Non foi unha traizón de rango menor. Xudas traizoa a Xesús, entregándoo aos seus inimigos que o buscaban para matalo. Non é estraño que Xesús se sentise "profundamente conmovido": "Asegúrovos que un de vós vaime a entregar".

Actitude:

PROCURA: Ser fiel ao amor recibido.

Canción:


Ningún comentario:

Publicar un comentario