xoves, 13 de abril de 2017

SEMANA SANTA

XOVES SANTO

2017





Unha frase do evanxeo: 

«Vós chamádesme "Mestre" e "Señor" e dicides ben porque o son. Logo, se eu, o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes lavarvos os pés uns a outros.
Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades tamén vós.»

Reflexión:

Hoxe contemplamos o lavatorio dos pés. En actitude de servo, Xesús lava os pés dos Apóstolos, e recoméndalles que o fagan os uns cos outros (cf. Jn 13,14). Hai algo máis que unha lección de humildade neste xesto do Mestre. É como unha anticipación, como un símbolo da Paixón, da humillación total que sufrirá para salvar a todos os homes.

O teólogo Romano Guardini di que «a actitude do pequeno que se inclina ante o grande, aínda non é humildade. É, simplemente, verdade. O grande que se humilla ante o pequeno é o verdadeiramente humilde». Por isto, Xesucristo é autenticamente humilde. Ante este Cristo humilde os nosos moldes rompen. Xesucristo invirte os valores meramente humanos e convídanos a seguilo para construír un mundo novo e diferente desde o servizo.
Actitude:

OFRECE:  A túa vida servindo aos demais.

Canción:

Ningún comentario:

Publicar un comentario