venres, 14 de abril de 2017

SEMANA SANTA

VENRES SANTO

2017




Unha frase do evanxeo: 

«Entón colleron a Xesús. Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no medio.»

Reflexión:

Na cruz tamén acontece a revelación do ser humano, un ser débil e continxente pero capaz de Deus. Esta realidade que acontece no humano (debilidade-fortaleza) non é unha paradoxa, senón que aquilo que parece facernos débiles é o que realmente nos fai fortes, e unha fortaleza que alcanza o divino. Estamos a falar do amor.

Xesús manifesta na cruz a capacidade do ser humano de acoller o divino e de actuar como tal. Este home que entrega a súa vida polos demais, primeiro faino aos seus próximos na Última Cea, para finalmente facelo por toda a humanidade na cruz. Foi o último acto de amor humano realizado por Xesús que se converte no paso previo á Resurrección, acontecemento onde o humano alcanza dimensións divinas.

Para os cristiáns, a cruz de Cristo non é só motivo de veneración senón que é o camiño proposto polo noso salvador para poder chegar ao destino final preparado por Deus para nós. Habemos de abrazar a cruz, na que nos entreguemos totalmente ao servizo dos demais, para así acoller a vida que Deus, pola súa graza, nos regala.

Actitude:

MORRE:  Ao home vello.

Canción:

Ningún comentario:

Publicar un comentario